Os libro discos, (Pitusa Semifusa, 2014; Pitusa Semifusa e os estilos musicais, 2017) publicados ambos dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas son uns impresionantes proxectos comandados pola pandereteira folk e que ofrecen un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical, como é característico nesta colección (onde xa viron a luz os traballos de Mamá Cabra, María Fumaça ou Pablo Díaz).">
Noticias de Hoy
Pitusa Semifusa D
Localidad: Ourense
Fecha: 01/12/2017
Horario: 18:00

Teatro: Pitusa Semifusa en Ourense

Teatro: Pitusa Semifusa en Ourense

Os libro discos, (Pitusa Semifusa, 2014; Pitusa Semifusa e os estilos musicais, 2017) publicados ambos dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas son uns impresionantes proxectos comandados pola pandereteira folk e que ofrecen un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical, como é característico nesta colección (onde xa viron a luz os traballos de Mamá Cabra, María Fumaça ou Pablo Díaz).

Ademais, pretende aprenderlles aos nenos e nenas as familias de instrumentos e os estilos musicais dun xeito lúdico e ameno. Para iso, Olga Brañas rodeouse dos músicos máis importantes do panorama galego, como Uxía, Sérgio Tannus, Ramón Bermejo, Quim Farinha, Anxo Pintos, Sonia Lebedynski, Pedro Pascual ou Santi Cribeiro. É unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás, xa que está inspirado na forma de aprender das cativas e os cativos a partir dos 3 anos de idade.

 pitusa semifusa rebumbio produccions