Teatro: Os Rockenstein - Malasombra Produccións
O profesor Rockenstein, é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: O rock&roll.
Pero Rockenstein está triste, séntese só e de súpeto xorde a grande idea da súa vida: crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock&roll.
Elenco: Sandra Iglesias, Carlos Mosquera "Mos", Jouse García, Xoque Carbajal
Teatro musical
Público + de 6 anos
Duración 60m