Teatro: Os casos de Sherlock Holmes en Ourense
Sherlock Holmes é un espectáculo de Cayetano Lledó, que mestura teatro con comedia, maxia e moito humor.
O famoso detective tentará resolver o misterioso roubo da mansión. Os feitos producíronse durante a noite en que a baronesa celebraba o aniversario.
Que ninguén saia da casa. Todos son sospeitosos! O cociñeiro, o mordomo, todos os convidados. A propia baronesa tamén é sospeitosa! Mesmo algún espectador ou espectadora do público podería ser culpable...