Teatro: Martín Martín Micromina en Ourense
Martín Martín é un tenro e intenso espectáculo de títeres de luva-actor dirixido ao público infantil e familiar que conta como o neno Martín, inmerso no universo da televisión e os vídeo xogos, entra en contacto con outro xeito de sentir e de facer, o da súa avoa. Ela é quen lle amosa o valor da atención e do traballo coa propia creatividade, cando lle regala un lapis “máxico”.
O espectáculo conxuga actores e monicreques; un narrador presenta a escena e os personaxes -unha e outros compostos cuns trazos moi sinxelos- para despois deixar paso aos monicreques, nun xogo de planos que imprime dinamismo á obra.
Elenco: Ton Arenas, Simón Piñón
Espectáculo de marionetas para + de 3 anos
Duración 45m