Noticias de Hoy
oferro D
Localidad: Ourense
Fecha: 22/02/2018
Horario: 20:30

Teatro: O Ferro en Ourense

Teatro: O Ferro en Ourense

Teatro do Andamio trae a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís, é un administrativo, que traballa nun banco. Rosa, é unha ama de casa que comezou a estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou grávida e tivo que deixar a carreira.

Luís e Rosa teñen unha filla de quince anos estudando no estranxeiro, unha hipoteca e un coche. Marta, está en Irlanda de intercambio durante o curso para aprender inglés. Nada especial, todo como en calquera familia normal, en calquera cidade de España.

Pero hoxe, a vida de Rosa vai sufrir un revés e todo vai cambiar para sempre. Hoxe pásalle o ferro a un pantalón do seu marido, e atopa algo no peto: un papeliño “centrifugado” pola lavadora...

Toda unha historia de vida en clave de humor.

 

 

oferro