Teatro: Diez años de sombras en Ourense
Homenaxe a dez anos de traxectoria da Compañía facendo espectáculos de sombras.
É a festa de aniversarios de todos os personaxes feitos en sombras de mans. Algo efémero, pero que perdura na memoria pola súa sinxeleza, e polo curioso das súas historias.
Un estilo de teatro típico nas cortes do século XIX en París, anterior ao cinema, que non morre, que esperta as ganas de xogar coa propia sombra a cada un do público. Unha colección de historias proxectadas á vista de todos polo máxico movemento das mans e pequenos accesorios.
As mellores escenas destes dez anos, que unen as diferentes artes das sombras chinesas: o cinema mudo, a maxia, o monicreque, o cómic, a música, as artes visuais, o teatro, a figura animada. Sen palabras, coma se fose unha película artesanal.