Taller: Land Art en Ourense
Duración: 1,5 h.
Idade: Nenas/vos de 5 -12 anos
Prazas limitadas a 10 nenas/vos
Prezo: 12 Euros
Imparte: VICTOR ULLA
Descrición: O Land Art é unha corrente da arte contemporáneo que utiliza á propia natureza como material de traballo: Madeira, vento, auga, terra.. A obra queda estreitamente enlazada non só co medio no que se produce, senón tamén no espazo público contemporáneo ou nas correntes de pensamento máis actuais como a ecoloxía profunda por exemplo, onde xoga un papel cada vez máis determinante. Xeralmente, as obras mantéñense no exterior, expostas aos cambios e a erosión da contorna natural, por iso neste taller tratarase de realizar unha "escultura comestible" para os diferentes animais que nos rodean e conforman xunto a nós o propio medio ambiente, xa sexan paxaros ou esquíos, e que xa comezaron a afrontar este noso raro inverno.
Contidos: Ecoloxía + Capacidades motrices + Estilos artísticos..
Materiais: Piña + Fariña + Froitos secos e comida como pan seco..