Noticias de Hoy
Samain 16 Ourense
Localidad: Ourense
Fecha: 31/10/2016
Horario: 17:00

Samaín 2016 en Ourense

Festa de Samaín 2016 en Ourense.

Luns, 31 de outubro de 2016
17.00 h Taller de Baleirado de cabazas. Oito monitores axudando a elaborar a súa cabaza terrorífica para o desfile. O número de cabazas a repartir son 700. Lugar: Praza Saco e Arce
17.30 h Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos a orixe do Samaín. Duración: Tres pases de 15 min. Lugar: Praza da Imprenta (local dos artesáns)
17.30 h Obradoiro “ Daquela Aquélate”. Para participar nesta actividade nada mellor que aquelarte para a ocasión. Obradoiro de elaboración de accesorios e toques de caracterización para ser celta ou espírito. Lugar: Praza da Imprenta
17.30 h Obradoiro: “Amuletos do Samaín”. Para estar totalmente protexidos dos malos espíritos as nenas e nenos terán a oportunidade de facer un amuleto. Lugar: Praza da Imprenta
17.30 h Obradoiro de maquillaxe. Os nenos e nenas poderán maquillarse para asustar a cidadanía polas rúas escuras da
cidade. Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Obradoiro de elaboración de chapas. Elabora a túa chapa e leva un recordo do Samaín. Lugar: Praza Manuel Sueiro
17.30 h Obradoiro de cerámica do artesán Juan Rodríguez Ferreira. Elaboración de figuras utilizando as técnicas das pranchas e churros, usando Barro de la Bisbal e Xio-2. Lugar: Praza Manuel Sueiro
19.00 h Desfile de Cabazas. Percorrido: praza Saco e Arce, Manuel Sueiro, Liberdade, Hernán Cortés(Pena Vixía), praza Das Damas, Praza Maior. Ao rematarmos baile e festa na Praza Maior con Katembe Proyect!!!

Este ano a partir do 25 de outubro haberá iluminación na fachada da Casa do Concello.

O reparto de cabazas comezará ás 17,00 h, na Asociación de veciños da Cidade Vella situada na rúa Liberdade. Repartiremos unha cabaza por neno ou nena e unha candea. Cada neno ou nena terá que vir buscar a súa cabaza

Ás 19,00 h apágase a luz das rúas e comeza o desfile terrorífico animado musicalmente pola AOFT- Gomes Mouro. Ao rematarmos na Praza Maior comezará un DJ a animar a todos os pequenos e pequenas con tres bailaríns caracterizados de zombies para a Festa. Baile e festa a rachar na Praza Maior.

As prazas e rúas estarán decoradas para dar un ambiente máis terrorífico a Festa do Samaín.

Samain 2016 Ourense

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635