![entrelobos_1521619500](https://ocioengalicia.com/wp-content/uploads/thumbs/2018/03/entrelobos_1521619500-600x333.jpg)
Proxección do film: Entrelobos en Ourense
Proxección do film: Entrelobos en Ourense
Proxección do film de Gerardo Olivares, Entrelobos, que narra a historia de Marcos Rodríguez Pantoja: o neno lobo. O acto ten carácter solidario xa que a entrada estará destinada a colaborar con Marcos que actualmente está a atravesar unha etapa de dificultades económicas. Contará coa presencia do propio protagonista quen compartirá coas persoas asistentes parte da súa experiencia vital.
Colaboran no desenvolvemento da proxección o Cine Clube Padre Feijoo e a Biblioteca Pública de Ourense.