Proxección: COPEL. Unha historia de rebeldía e dignidade en Ourense
COPEL. UNHA HISTORIA DE REBELDIA E DIGNIDADE
ESPAÑA. 2017. 90 min
XÉNERO: DOCUMENTAL. DICTADURA FRANQUISTA
DIRECTOR: Colectivo Copel
ACCESO DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.
Non recomendada para menores de 12 anos
Sinopse: Coa morte de Franco, o proceso de democratización do Réxime ditatorial non caeu do ceo, non foi regalado, senón que foi forzado desde abaixo por unha multitude de loitas sociais e movementos reivindicativos. Con todo, os grandes esquecidos da Transición foron os presos sociais, a pesar de que tamén se mobilizaron de maneira espontánea e autoorganizada reivindicando a amnistía. No marco desta loita xorde a Coordinadora de Presos En Loita ( COPEL), un movemento que quería acabar co réxime penal da ditadura.