Programación La Molinera Kids 2020.
O Concello de Ourense organiza 18 novas actividades formativas de achegamento ás novas tecnoloxías para a cativada, a mocidade e as persoas adultas. As persoas interesadas poderán inscribirse desde mañá, mércores, día 5 de febreiro, Espazo web de La Molinera
A oferta para maiores de 16 anos inclúe 8 obradoiros de fabricación dixital, cun total de 160 prazas. Desenvolveranse na Aula CeMIT de La Molinera (na rúa do Abrevadeiro, 1), en horario de mañá:
- Deseño vectorial e corte laser, desde o 17 de febreiro
- Fabricación de impresora 3D XL (segunda parte) desde o 19 de febreiro
- Escaneado de obxectos en 3D, desde o 2 de marzo
- Iniciación ao deseño 3D-Tinkercad, desde o 9 de marzo
- Impresión en 3D, desde o 23 de marzo
- Fabricación dixital de xoguetes para bibliotecas e animación á lectura, desde o 15 de abril
- Reparación e calibración de impresoras 3D, desde o 2 de abril
A programación para a cativada e a mocidade inclúe 10 obradoiros, con 12 prazas cada un (120 en total). Que se desenvolverán polas tardes (de 16.30 a 18.00 ou de 18.15 a 19:45):
Cursos para rapazada de 8 a 12 anos:
- Youtube. Cámara e acción, primeiros pasos para acadar o teu soño (os luns, desde o 17 de febreiro, ás 18 h)
- Creatividade dixital: Crea o teu xogo en Scape Room (os venres desde o 21 de febreiro, ás 18.15 h
Cursos para alumnado de 12 a 16 anos:
- A túa primeira película en 3D, os martes desde o 18 de febreiro ás 18,15 h
- Domótica para a rapazada, os xoves desde o 20 de febreiro ás 18:15 h
- Primeiros pasos en programación: Roblox creativo, os venres desde o 21 de febreiro, ás 16:30 h
Obradoiros interxeneracionais (para maiores de 12 anos)
- Drons: programación e restos de pilotaxe: desde o 18 de febreiro, os martes ás 16:30 h.
- Iniciación á impresión 3D, desde o 19 de febreiro, os mércores ás 16:30 h
- Crea o teu primeiro kart eléctrico, desde o 19 de febreiro, os mércores, ás 18.15 h
- Robótica (nivel 1): semáforo intelixente, desde o 20 de febreiro, os xoves ás 16:30 h
- Robótica (nivel 2): creación de aparcamentos intelixentes, desde o 2 de abril, os xoves ás 16:30 h.