Presentación libro: O Baúl de Domingo Quintas en Ourense
O texto é do escritor e lingüista macedán Xoán Babarro González, membro da Real Academia Galega desde 2002, nomeado socio de honra da Nova Escola Galega dendo no ano 2008; as ilustracións son da debuxante e bióloga pirenaica Estefanía Padullés felizmente afincada agora no Concello de Paradela en Lugo.
O BAÚL DE DOMINGO QUINTAS é unha fermosa historia autobiográfica, coa que o autor, nado en Maceda, rende homenaxe ao seu bisavó, e que comeza no intre no que o narrador abre o vello baúl que fora precisamente do seu bisavó atopando que está cheo dunha morea de fermosos e tenros poemas escritos en cortizas de bidueiro; tenras composicións vinculadas co mundo da fauna en xeral, tanto aquela máis especificamente galega como a que resulta máis allea a nós.
Cada páxina do libro contén un deses poemas con cadansúa ilustración, bonita e delicada de Estefanía Padullés.