Presentación de Catro Ventos Editora en Ourense.
O próximo xoves 1 de decembro ás 20:00 h terá lugar no Café Cultural Auriense, establecemento situado na praza do Correxedor, 11, o acto de presentación de Catro Ventos Editora.
Trátase dunha nova editorial con sede en Vigo que xorde co obxectivo de traducir ao galego obras relacionadas coa economía social e solidaria, a ecoloxía e o ambiente, o decrecemento, o consumo responsable, a soberanía alimentaria, os dereitos humanos en xeral e pedagoxía.
As obras que se presentarán son "Transición ecolóxica", "A ruta dos refuxiados" e "Demain (Mañá)".