Noticias de Hoy
peza do mes xaneiro
Localidad: Ourense
Fecha: 08/01/2014 a 08/02/2014

Presentación da Peza do mes do Musarq Ourense

O mércores, 8 de xaneiro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes do Museo Arqueolóxico Provincial de OurenseVaso da Idade do Bronce de Pardollán (Valdeorras). A presentación terá lugar na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo, José Suárez Otero.

Entrada libre.

O Vaso da Idade do Bronce de Pardollán (Valdeorras) foi atopado recentemente nunha cova do lugar de Pardollán, no concello de Rubiá de Valdeorras (Ourense), nas abas orientais da Serra da Enciña da Lastra, contextualízase arqueoloxicamente na ocupación das covas cársticas das serras orientais de Galicia durante a Idade do Bronce, e a súa recuperación e ingreso no Museo débese ao grupo de espeleoloxía «Águilas Verdes». Estamos diante, como en tantas ocasións, dun achado fortuíto, aínda que valioso por ter sido recuperado para o noso patrimonio arqueolóxico, pero non resultou dunha intervención arqueolóxica coa metodoloxía que nos permitirá coñecer mellor o contexto preciso do vaso –estrato, estruturas, relación con outros materiais ou con material orgánico... Contexto que nos permitiría coñecer e interpretar as causas da súa deposición no que parece que era un recuncho apartado da cova. No entanto, o feito nada frecuente de aparecer enteiro e a caracterización tanto técnica coma formal que esa condición permite, ofrécenos elementos suficientes para poder levar a cabo a súa identifición e mesmo unha primeira interpretación da súa posible función e significado.

Web do museo: www.musarqourense.xunta.es