Presentación: Confesiones de un majara cuerdo en Ourense
Unha cita moi especial no CSA Cambalhota.
O compañeiro Ieltxu Campomar presenta o seu libro “Confesiones de un majara cuerdo”, editado por Saurobuks.
Unha obra chea de poesía, colaxes e debuxos.
Unha poesía cargada de paixón e fantasía, mais tamén de ironía e irreverencia que verbaliza a contradción do mundo, de todos, del mesmo.
Unha poesía de rosas pero coas súas espiñas, cun sutil hedonismo, sen esquecer a crúa realidade, coa súa ditadura de tempo e os límites e as fronteiras. Os colaxes son auténticos labirintos de palabras, imaxes e formas en xeral, e conteñen unha grande ironía. Os debuxos, realizados coa técnica “Ebru”, son formas realmente misteriosas, oníricas, e lembran, cando menos, a aquelxs artistas denominadxs 'outsiders' ou 'brut'.
Coma sempre, haberá petiscos para encher o bandullo... :P