Noticias de Hoy
peza do mes
Fecha: 11/12/2013 a 11/01/2014

Pesos de rede. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

O mércores, 11 de decembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense"Pesos de rede. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé". A presentación terá lugar na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense), e a explicación correrá a cargo do director do museo, Xulio Rodríguez González. Entrada libre. A peza "Pesos de rede. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé" está composta por un conxunto de cinco pesos elaborados en chumbo, cuxas dimensións varían entre os 3 e os 3,4 cm de lonxitude, 1,4 e 1,6 cm de largo, 1,2 e 1,4 cm de grosor e os 0,4 e 0,6 cm de diámetro do orificio interno. o peso oscila entre 24,8 e 28,4 g. todas as súas características permiten incluílas entre as pesas de chumbo ocas, elaboradas a partir dunha lámina dobrada sobre si mesma xerando unha sección en u. os pesos de chumbo están ben documentados na Península Ibérica, sendo os máis antigos os procedentes de factorías púnicas. En época romana alcanzan practicamente toda a Península, manténdose na antigüidade tardía. Máis info na web do museo: www.musarqourense.xunta.es