Noticias de Hoy
Captura de pantalla 2018 03 27 a las 10.18.25
Fecha: 15/04/2018
Horario: 13:00 a 13:00

Pequeno Cabaret Infantil - Nelson Quinteiro en Ourense

Pequeno Cabaret Infantil - Nelson Quinteiro en Ourense

Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatriño na rúa, praza ou teatro, a modo dunha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.
Un espectáculo que saca o máximo partido ao cabaret e aproveita o colorido do xénero, o seu ritmo e carácter desenfadado, a súa alegre música para falar dos contos de toda a vida.
Un espectáculo cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable.

Duración: 50m 
A partir de 4 anos