O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2013 á súa 31ª edición.
Componse de tres seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autores e curadores, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadores e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafos de Galicia xa falecidos.
A Sección Oficial na que o Festival convida a autores e creadores e o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadores.
Os datos de 2013: 126 exposicións, 37 son da Sección Oficial, 506 autoras e autores (entre individuais e colectivas). 99 espazos expositivos. Presenza en 41 localidades de tres países.
Ademais organízanse cursos e workshops (38 nesta edición) accións e certames fotográficos.
O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, dotado con 16.000 €, gañouno este ano Daniel Díaz Trigo con "Posesións para un esquecimento".