Noticias de Hoy
globe story_D
Fecha: 20/07/2017
Horario: 22:00

Obra teatro: Globe Story en Parque Solaina

Obra teatro: Globe Story en Parque Solaina

Actuación da compañía El Perro Azul, co espectáculo "Globe Story, Unha comedia de teatro mudo"

Globe Story é una historia de amor.
Globe Story é unha historia de humor.

Un flechazo amoroso une para sempre as vidas de Greta e Max. Terán un fermoso bebé, vivirán a súa lúa de mel nun cruceiro, perseguirán a un amante, bailarán unha tormenta e riranse da enfermidade nun disparatado hospital. Vivirán apaixonadamente as súas cómicas aventuras, ata acabar, literalmente, co corazón na man.

Para todos os públicos... sobre todo para os que se esqueceron de sorrir.

globe story_1500318487