Os días 14 e 15 de decembro as 20:30 e 19:00 horas.
Inspirado libremente no texto "Le ultime lune" de F.B., "O país do Pato Donald" é unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura que vive os seus últimos días a cabalo entre a realidade e as lembranzas dunha vida anterior moito máis rica e idealizada.
Un espectáculo baseado esencialmente na fermosura do texto e nas interpretacións dos actores Ernesto Chao e Rosa Álvarez, onde se aspira en todo momento en traspasar as emocións dos personaxes ao público dun xeito real e autentico. Un espectáculo onde todos nos podemos identificar e no que todo sabe a "verdade".
Autor: Lagarta Lagarta.
Dirección: Xulio Lago.
Compañía: Lagarta Lagarta.
Elenco: Ernesto Chao, Rosa Álvarez.
Non recomendada para menores de 14 anos.