O Festival SonRías Baixas 2020 chega á Ourense.
As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world music máis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.
- Xoves 5/3/2020 - García Mc & Nación Quilombo + SonDaDúa - Maus Hábitos (Porto)
- Xoves 12/3/2020 - SonDaRúa + Ninhodelosrecaos Dj - Sala Máster (Vigo)
- Viernes 13/3/2020 - García Mc & Dj Mil+ Ninhodelosrecaos Dj - Café Cultural Auriense (Ourense)
- Sábado 14/03/2020 - SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos Dj - Sala Aturuxo (Bueu)
- Mércores 18/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Club Clavicémbalo (Lugo)
- Xoves 19/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico – Garufa Club (A Coruña)
- Viernes 20/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Sala Rebullón (Mos)
- Sábado 21/03/2020 - Muyayo Rif + Poetarras - Sala Capitol (Santiago de Compostela)
- Sábado 21/03/2020 - Dakidarría en acústico + SonDaRúa - Sala La Vaca (Ponferrada)