Exposición que mostra as formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Abrangue un período de entre 13.000 e 5.000 anos, dende os últimos cazadores ate as primeiras sociedades urbanas. A través dun conxunto de materiais representativos que aparecen na mostra –vasos cerámicos, ferramentas de pedra tallada e pulida, ilustracións de poblados, escenografías de covas e casas ou esculturas humanas e animais– desvélanse os referentes culturais que marcaron o camiño hacia a civilización: a agricultura, a gandeiría, a cerámica e a escritura. A aparición destes avances supuxo un cambio decisivo na evolución cultural do ser humano, que pasou de ser nómada a sedentario. Unha auténtica volta ó pasado na que o visitante pode observar o xeito en que os homes e mulleres decidiron emprender unha nova aventura hacia a vida sedentaria.
Fecha: 06/02/2014 a 06/03/2014