Músicas de Sofá 2018 en O Carballiño.
Volta por 4º ano consecutivo o Ciclo de Músicas de Sofá, consagrándose como un dos festivais urbanos de referencia no territorio galego.
O festival ofrecerá este ano 7 concertos de estilos tan variados como jazz, reggae ou músicas do mundo entre outros.
O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila. Durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.
Tras o éxito das pasadas edicións, este ano o 4º Ciclo de Músicas de Sofá pretende consolidarse como un dos festivais de referencia do país. Para iso a organización contará con grupos musicais de primeiro nivel, as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, para poder desfrutalas na súa totalidade, e a estética “vintage” fará dos concertos algo único.
Programa Músicas de Sofá 2018 en O Carballiño
3 de agosto de 2018
Presentación libro. MULLERES DE GHARGHAMALA
21.30 hrs. Rúa Principal
Bala com Bala
20.00 hrs. Rúa Aldara
Chicotralla
21.30 hrs. Praza Aquilino Sánchez (detrás Concello)
Tilitrate
00.00 hrs. Praza Maior
4 de agosto de 2018
Davide Salvado
13.00 hrs. Rúa Principal
Oie Trío
20.00 hrs. Rúa Curros Enríquez
DJAI
21.30 hrs. Rúa Principal
Es un Árbol
0.30 hrs. Praza Maior