Os primeiros pasos do cuarteto foron en Moscova e San Petersburgo, pero desde 1991 asentouse definitivamente en Portugal despois da súa participación das V Xornadas Internacionais da Oficina Musical con concertos en Espinho, O Porto e Famalicão. En 1992, actuou en Portugal, España e Xapón. Desde 1993, é “Quarteto Residente” da Casa das Verdades da Faria – Museo da Música Portuguesa co apoio do concello de Cascais.
O repertorio do cuarteto é basto, ecléctico e estendéndose a diferentes formacións de cámara. Teñen varias series temáticas como as “Integrais de Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Brahms e Dvorak ou a titulada “Clásicos do séculos XX”. Varios compositores lles teñen dedicado obras como Lugares Esquecidos de Luís Tinoco (1998), Suite Atlântica de Eurico Carrapatoso (2000) e Quarteto con Piano de Patricio da Silva (2004). En 2001 recibiu a Medalla do Mérito Cultural do Concello de Cascais.
PROGRAMA
I PARTE
Joao Domingos Bomtempo: Cuarteto con piano en Re Maior (ca. 1822)
Joaquín Turnia: Cuarteto con piano en la menor (1932)
II PARTE
Armando José Fernandes: Cuarteto con piano (1956)
Alexandre Delgado: Canteto (2007)