Noticias de Hoy
Monstruos
Fecha: 29/01/2014
Horario: 23:00

Monstruo

Ata o de agora, MONSTRUO foron como esas árbores que necesitan dun pao para medrar rectas e aínda así acaban torcéndose ata tocar o chan. A ninguén lle gusta que lle recorden os seus fracasos e por iso velos en directo era unha experiencia dura, que doía. Eles esforzábanse en levar o aquelarre eléctrico ata o final e o son era tan bruto que non se distinguía nada aparte do pitido nas orellas. Eran eles ou eramos nós? O público non sabía como comportarse e non era unha cousa agradable para ninguén. Era como ver un burro cagando. Só esperábamos divertirnos. Que saíu mal? Por que ía ser poeta simbolista e agora traballo no Burger King da Valenzá?

MONSTRUO non saben facer outra cousa, pero vano tentar. Logo laméntaste de non terlle entrado a aquel rapaz que casou co imbécil do teu curmán e agora está gordo. A historia do rock and roll está repleta de fracasos (Little Richard, Loquillo, Tame Impala), así que vale a pena celebralos ata que veña o seguinte en darse cabezazos contra as paredes, probablemente editado por PORNO. Iso é o que MONSTRUO van facer no MIUDIÑO este MÉRCORES 29 DE XANEIRO. Todo comezará ás 23 horas, tarde dabondo para ir peneque despois de cear, porque un fracaso sen alcohol é un fracaso portugués. O revival sixties e o revival punk nunca tiveron demasiado sentido, o de MONSTRUO é o revival do eterno retorno ó mesmo patético punto de partida. Ourense, Galicia, España, Europa: catro malas ideas.

Polo tanto, haberá unha estrutura na que se xenerarán grandes expectativas para despois botalas abaixo e deixar unha sensación de decepción intensa. Desto que tes mal corpo e non sabes ben por que. Ós que esperen que as cancións sonen como nos discos, mellor que revisen os oídos, porque sonaban realmente mal. Ós que esperen brillantes improvisacións, que se relaxen: BAIXO NINGÚN CONCEPTO HABERÁ THEREMINS NESTE CONCERTO. Ós que non esperen nada, que cambien de actitude. Se hai algo realmente molesto na evolución das cousas é culpa deles. É que o rock and roll se convertera en entretemento: se era excitante e divertido era porque non era gracioso. A mensaxe de MONSTRUO e a súa música é así: non respetes a lei antitabaco, non vexas series, leva mobiliario urbano para a casa, mexa en papeleiras e envolve a cara con papel albal. Sé xoven ou sé vello, pero deixa de ser un coñazo. Ata o de agora non funcionou. Antes de tentar dicilo todo máis claro, van dicilo máis alto.

Web: www.discosporno.bandcamp.com