Noticias de Hoy
Monstruo + Rollercoaster Kills + Challenger
Fecha: 14/02/2014
Horario: 21:00

Monstruo + Rollercoaster Kills + Challenger

Concierto de Monstruo + Rollercoaster Kills + Challenger.

Atendendo ós sustantivos, Rollercoaster Kills fan punk ou ó mellor fan rock, pero atendendo ós adxectivos fan unha cousa expansiva e directa ó mesmo tempo, e ademáis sucia. O universo expándese e todos imos desaparecer, pero Brooklyn non se expande e en todo caso mellor non perder o tempo coas cousas limpiñas, previsibles e aburridas. O punk e o rock xa non significan demasiado, pero eles presentan o seu novo disco “Evil Debt” (Crap Recordings / Monasterio de Cultura / Caleiah), que vén falar do que lle quedamos a deber ó mal, ó pasado. Facer música é predicar no deserto, pero os predicadores teñen un magnetismo que ignoramos. Vinde ó misticismo.

Web: www.rollercoasterkills.bandcamp.com

Challenger! Din que lles gustan os disfraces, así que sonan xoguetóns e felices como o seu bar favorito, La Contenta, no senlleiro barrio de Chamberí. Houbo un tempo no que para ser un verdadeiro artista podías apoiarte en levar disfraces ou en vivir nos bares. Man Ray, David Bowie, Cañita Brava, aquí todo en un, como no seu último disco que de tan rotundo necesitou unha onomatopeia para ser titulado. "AGH! "Así, en maíusculas. O seu baixista tamén se chama así, e se xulgas a un grupo polo nome do seu baixista non podes equivocarte.

Web: www.challengerasfuck.bandcamp.com

O baixista de Monstruo chámase Toni Colombo. É unha estrela e o mundo aínda non o sabe: esas son as mellores, podes presumir cando sexa famoso. Ten un ciclo de mecánica e outro de electrónica, pero o importante é que traballou na Expo de Zaragoza como garda de seguridade. Din que lle disparou alí a un home só para observalo morrer. Sabe as constelacións, traballou en hospitais psiquiátricos abandonados, como director de fotografía e construiu unha hamaca coas súas propias mans. E o mellor de todo é que todo isto é verdade. Ah! Toni Colombo tamén pode abrir todas as portas do mundo.

Web: www.discosporno.bandcamp.com