Noticias de Hoy
Jorge, Josemi, Javier e Bandolero
Fecha: 14/05/2014
Horario: 23:00

Jorge, Josemi, Javier e "Bandolero"

Jorge Pardo - frauta
Javier Colina - contrabaixo
Josemi Carmona - guitarra
Bandolero - batería

Jorge, Josemi, Javier e "Bandolero" traballaron xuntos e por separado cos máis grandes do flamenco. Nos seus propios proxectos tamén desenvolven o flamenco, o jazz e outras músicas sustentadas no dereito á improvisación. Actúan xuntos desde hai un ano e o seu repertorio intercala temas orixinais, sobre todo de Josemi e Jorge, con ritmos flamencos (alegrías, tangos, bulerías...) alternando falsetas e improvisacións e coa interacción entre os músicos como alma de todo o grupo.

Jorge Pardo leva corenta anos no cumio do jazz español, é unha referencia de calidade, á cabeza da moderna unión do jazz co flamenco. Hai un ano a prestixiosa Academia francesa de jazz outorgoulle o premio ao Mellor músico europeo de jazz. Chapeau Jorge.

Javier Jorge é o máis grande contrabaixista deste país.

Josemi Carmona, guitarrista e compositor, fillo do grande Pepe Habichuela. Entrou en Ketama con 14 anos e estivo 20 alentando esa eclosión do Novo flamenco, coa súa novedosa fusión de flamenco con jazz, salsa, bossa nova, rai... Un son novo que moitos quixeron imitar.

"Bandolero" colaborou cos mellores artistas de flamenco e de jazz.