O vindeiro venres 19 de febreiro chega á zona dos viños de Ourense a cuarta edición dos cantos de taberna "Hai que cantar!".
Será ás 21:00 horas cando os grupos participantes se reúnan na Praza do Ferro para facer uns cantos conxuntos e comezar o roteiro polos bares participantes (BARmontecarlo, Bar o sol, Bar Paris E Bar Orellas ). O peche do evento terá lugar a partir de medianoite na Praza do Trigo.