Buscando unha maior auto-xestión e auto-suficiencia pero sempre desde o comunitario propoñemos: O Intercambiador de roupa!
Celebraremos mais xuntanzas os dous primeiros venres do mes de xullo de 18:00 a 21:00h (días 7 e 14) na Tenda do Comercio Xusto. Cada quen pode traer as prendas que xa non usa coa intención de que lle gusten ao resto de participantes e, do mesmo xeito, atopar novos modeliños para o verán. Trae a roupa en bo estado, sen manchas e limpiña, como a ti che gustaría atopala.
Ven renovar o teu armario gratis mentres favoreces o consumo responsable e o coidado do medio ambiente.
Cada participante será responsable das súas prendas, o que no sexa intercambiado terá que volver a casa co seu dono/a.
Web:
Fecha: 07-07-2017
Hora: 18:00
Local/Lugar: Tenda Comercio Xusto (Rúa Bailén)
Localidad: Ourense