Noticias de Hoy
Najla Shami
Fecha: 04/08/2017 a 05/08/2017
Horario: 01:00 a 01:00

III Música no Sofá en Carballiño

III Música no Sofá en Carballiño

Volta por 3º ano consecutivo o Ciclo de Músicas de Sofá, consagrándose como un dos festivais urbanos de referencia no territorio galego.

-O festival ofrecerá este ano 5 concertos de estilos tan variados como jazz, reggae ou músicas do mundo entre outros.
- Najla Shami, Oîma, Andoa, ChicoTralla, Iago Fernández quartet e High Paw actuarán nos diferentes “salóns” ubicados no centro da vila durante os días 4 e 5 de agosto.
- Como novidades de esta edición, durante os concertos haberá sorteos de “lotes culturais”, compostos por camiseta do Ciclo, libro en galego e traballo discográfico.

O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila. Durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.
Tras o éxito das pasadas edicións, este ano o 3º Ciclo de Músicas de Sofá pretende consolidarse como un dos festivais de referencia do país. Para iso a organización contará con grupos musicais de primeiro nivel, as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, para poder desfrutalas na súa totalidade, e a estética “vintage” fará dos concertos algo único.

Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Oîma, trío compostelá que nos achegará sons galegos e dos resto do mundo; Najla Shami, vocalista e compositora galega-palestina de ampla traxectoria nacional e internacional;, Iago Fernandez quartet, cuarteto liderado polo baterista Iago Fernández, recoñecido a nivel europeo, ou Andoa, grupo folk cunha ampla traxectoria a nivel individual. Pechará o ciclo High Paw&Elephants Yard, vocalista e compositora que ven de actuar nos mellores escenarios reggae da Península.
Ademais, durante os dous días haberá tamén un sofá destinado ao dj ChicoTralla, que fará unha selección da mellor música negra en vinilo.

Venres 4 de agosto

Oîma. Músicas do mundo (Santiago DC)

20:30 hrs.rúa Aldara

Violinista, acordeonista e clarinetista que en 2015 se xuntan para mesturar a súa tradición con outras coas que foron entrando en contacto.Partindo dos nosos ritmos (muiñeiras, xotas...) farán un percorrido que chegará ata outras partes de Europa e do mundo, interpretando tangos, bourrés e racheniztas entre outros.

 

Najla Shami. Galego/afro/jazz (Galiza-Palestina)

23:00hrs. Praza Maior

Vocalista e compositora nacida en Santiago D.C.,filla de dúas culturas, palestina e galega.O seu primeiro traballo discográfico foi publicado no 2013, Na lingua que eu falo (editorial Galaxia), unha elegante e profunda mirada sobre os poemas de Rosalía de Castro.

Achéganos neste ciclo sonoridades afro e brasileiras que mistura coas súas raíces e o jazz.

 

Sábado 5 de agosto.

Andoa. Irish-folk (Vigo)

19.00 hrs.Rúa Perfectino Viéitez

Unha auténtica banda de músicas atlánticas, na que os seus compoñentes : Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusión) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional e de raíz, así como noutros xéneros musicais que van dende o reggae, jazz, etc..

 

Iago Fernández Quartet. Jazz (Galiza-Portugal)

23:00 hrs. Rúa Curros Enríquez

Leva dende os 20 tocando con regularidade nos festivais e clubes de jazz da Península Ibérica , ademáis de esporádicos traballos por Europa, colaborando con músicos como Avishai Cohen (trompeta), Omer Avital, Perico Sambeat, ou Petros Klampanis entre moitos outros. Neste 3o Ciclo de Músicas de Sofá, Iago Fernández estará acompañado por músicos de primeirísimo nivel, como

Paco Charlín (contrabaixo) e Zé Pedro (saxo soprano) , e tamén o saxofonista portugés , João Guimarães.

 

High Paw&Elephants Yard. Reggae (Vigo)

00.30 hrs. Praza Maior

Singjay de Vigo, leva dende os 15 anos en diferentes e numerosos escenarios amosando a súa faceta como cantante e escritora.

En novembro de 2016 estrea o seu primeiro traballo Searching for the Recipe EP .Ten formado parte do cartel de eventos como:

Festival MinhoReggae Splash2015 e 2016, Reggaeboa 2015, GanjahTime Sant Joan (Santa Coloma) 2015, Spring Reggae Festival 2017, Dancehall Xplosion 2014.

ChicoTralla. (O Carballiño)

Venres 4 de agosto. 22:45. Praza Aquilino Sánchez
Sábado 5 agosto. 20:30. Rúa Principal

Coleccionista de vinilos dende os anos 90. Promete unha variada e auténtica vinilada da súa coleción, con unha morea de hits e temazos varios pintos de hoxe e de sempre. Unha semente de culturana que se mistura música do século pasado coa música actual. Vendo a acollida e progresiva calidade do evento, agardamos e confiamos en que cada ano a proposta será máis ambiciosa, chegando a convertir o Ciclo de Músicas de Sofá nun dos festivales urbanos de referencia na Península”, declaran Anaïs e Pedro.

Andoa
Iago Fdez 1
High Paw