Convócase a tóda-las persoas e colectivos socioculturais ou de intercambio de coñecemento que sexan afins ó Código Aberto e á libre circulación da cultura, para facer parte deste festival agregador de propostas que espallen a cultura libremente e para todos.
O GRITO ROCK organízase este ano en 400 cidades, de 40 países, de múltiples formas: dende o formato básico de concerto ate toda unha serie de campañas e accións que acollen eventos en espazos públicos e privados, dende o cine ó circo pasando pola video-instalación ou as artes urbanas, e pautados polos eixos que se articulan en torno ás premisas da cultura libre e o traballo colaborativo.
Máis info: www.facebook.com/gritorockourense