Todos os luns, no salón de actos da Biblioteca nodal de Ourense (Rúa Concello,11) proxeccións de sesións de filmoteca do Cineclube padre Feijoo (Sesións en VOSe, ás 20:30 e 23 horas)
Luns 10 febreiro de 2014
”Veinte años no es nada” (20 anos non é nada) de Joaquin Jordá
A experiencia autoxestionaria dos trabajadores da fábrica Numax, a finais dos setenta, quedou recollida nun documental que elos mesmos decideron que se fixera, e que encargaron a Joaquim Jordà no momento en que estaban a piques de pechar. Titulouse «Numax presenta…». Aquelas imaxes, recuperadas, xunto coa situación dos traballadores tantos anos despois, os levan a reflexionar sobre as últimas e intensas décadas que tocáronlles vivir, para descubrir a fraxilidade dos ideais de xuventude e ofrecer «unha historia de transición» con minúsculas
Luns 17 febreiro de 2014
”Lou Reed: Rock and roll heart” de Timothy Greenfield-Sanders
Un retrato sobre a evolución da carreira de Reed durante máis de tres décadas. Entrevistas con Reed, os seus amigos e algúns dos grandes artistas influenciados por él como David Bowie, David Byrne, Patti Smith, Suzanne Vega, Dave Stewart e Philip Glass.
Luns 24 de febreiro de 2014
”As curtas de Roman Polanski”
As curtas realizadas entre 1957—1962, do director polaco Roman Polanski.