Noticias de Hoy
Marwan_P
Localidad: Ourense
Fecha: 23/09/2017
Horario: 13:00

Festival Piano Meeting 2017 en Ourense

Festival Piano Meeting 2017 en Ourense

Os pianos do festival Piano Meeting Ourense 2017 comezarán a soar de maneira simultánea a partir das 12 da mañá do sábado 23 de setembro.
Estarán situados no Xardín do Posío, Parque de San Lázaro, As Burgas e a Praza Maior, espazos singulares escollidos para facer de Ourense o maior auditorio ao aire libre de Galicia.

"Estamos ante unha innovadora iniciativa cultural, que sitúa a Ourense como centro neurálxico da Cultura e da música en directo, e que pon en valor non só a arte do piano, senón tamén a idoneidade da cidade como espazo perfecto que é para certames culturais que dinamizan o sector, ademáis de ser a oportunidade perfecta para visitar a cidade cun espectáculo nunca antes visto", sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Ademais de certames coma o Pórtico do Paraíso, o Ciclo de lírica ou o Enclave de Cámara, “agora queremos sacar a música ás rúas, e que mellor que un piano para visibilizar esta aposta”, sinala o rexedor ourensán.

 

Organizado conxuntamente polo Concello de Ourense, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Cultura) e Viaqua, o Piano Meeting “quere converter Ourense no maior auditorio ao aire libre”, en palabras de Javier Otero Neira, director artístico do Piano Meeting.

 

Ademais, neste certame ten cabida todo o mundo: haberá obradoiros para neófitos do piano, nos que recibirán unha breve clase para conseguir tocar algo no momento. Haberá oportunidade para que a xente da rúa, con coñecementos suficientes para tocar o piano, participe, e poida apuntarse e experimentar a inigualable sensación de tocar un piano en plena rúa.

No apartado profesional, os primeiros pianistas en actuar serán Jacobo Ramos, Miguel Guillermo Sáez, Salomé Garrido e Michelle Pena, finalistas do Concurso do Festival.

Ademais dos finalistas do concurso,

 

 

17:30 participan neste festival a Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, que actuará ás  na Praza Maior; a Asociación Pianeiros, de A Coruña; e a escola de música En Clave, de Santiago de Compostela.

No concerto final participarán os 20 finalistas do concurso, aos que se sumarán os pianistas profesionais Javier Otero Neira, director do Festival, Abe Rádabe, Nicasio Gradaille, Fernando Buide e Esthesia Piano Dúo. Será un concerto a 8 mans no que irán rotando máis de 25 pianistas.

Terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do Concurso do Festival que foron anunciados hai uns meses.

21:00 horas concerto final  

Juan Daunesse é o gañador do primeiro premio, que se levará 1.000 euros en metálico, e Elena Frutos e ASR Jazz Trío repartirán o segundo premio, de 500 euros.

NOVIDADES NO CONCERTO: STREAMING SIMULTÁNEO NAS 4 LOCALIZACIÓNS DOS PIANOS

Por primeira vez vaise realizar en Galicia un streaming a catro. É dicir, retransmitirase en directo a través de internet, de maneira ininterrompida, desde as catro localizacións nas que están situados os pianos, e o espectador poderá escoller que actuación quere ver e/ou escoitar en cada momento.

Catro cámaras, emitindo sinal continua con conexión 5G a través da canle de YouTube de Piano Meeting, coa posibilidade por parte do espectador de conmutar entre as diferentes localizacións dos pianos.

12:00 a 20:00 – Streaming simultáneo desde 4 localizacións

  • Xardín do Posío
  • Parque de San Lázaro
  • As Burgas
  • Praza Maior

4 cámaras durante 8 horas, cada unha nunha das diferentes localizacións emitindo sinal continua con conexión 5G.

21:00-22:30

  • Praza Maior:Finaliza con 2 pianos situados na Praza e un concerto a 8 mans con máis de 20 pianistas pasando polo escenario.

Emitirase en directo a 3 cámaras.

violets D