Noticias de Hoy
xardins do futuro
Fecha: 01/05/2013 a 01/11/2013
Horario: 01:00

Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2013

Sen dúbida, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz é, en si mesmo, un bo exemplo da imaxinación, da creatividade que a beleza de Allariz inspira.

Nesta 4º edición as propostas seleccionadas polo xurado, presidido por Francisco Caldeira Cabral, ofrecen a visión de Allariz como espazo propicio para a creatividade, a inspiración, a imaxinación... Allariz é unha terra rica en iniciativas e proxectos imaxinativos que, sen dúbida, teñen que ver coa harmonía, coa beleza que Allariz posúe e que actúa como fonte de inspiración. Propostas chegadas de Galiza, Francia, Holanda, Euskadi, Canarias, Austria, Portugal e España ofrecen a visión da beleza e inspiración que Allariz suxire.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz estase a consolidar, tamén, como un grande atractivo turístico, incentivando a economía local, congregando a múltiples profesionais do sector da xardinería e o paisaxismo. Nesta edición incorpóranse, unindo arte e natureza, unha mostra de esculturas que permite que os artistas poidan utilizar este espazo privilexiado como escenario para mostrar as súas obras.

O concurso para a edición 2014 terá como tema “XARDÍNS DA ABUNDANCIA”. Ata o 15 de novembro poderán presentarse as propostas que evoquen a abundancia de sensacións que os xardíns suxiren como lugares de repouso, benestar, lugares propicios para a relaxación do corpo e a alma, para a contemplación, a imaxinación... tamén como antídoto para a crise socioeconómica que padecemos e queremos combater cunha crítica á austeridade contra o estado de benestar.

Por iso quero convidarvos a gozar, un ano máis, do noso Festival Internacional de Xardíns, da beleza de Allariz que inspira e esperta a imaxinación e os sentidos.

Citando, unha vez máis, ao noso grande poeta Manuel María,

”ando a pedirlle á vida: luz, beleza, delicadeza xentil, unha canción, a virxinal tempestade da paixón, o dereito á dignidade e á enteireza”

Vía: www.allariz.com/festival/