AMBRE
AMBRE é unha banda madrileña de pop-rock progresivo que xurde no verán de 2016 coas diferentes ideas e sons cos que Antonio Trapote, Javier Oleaga e Jose Doel levan experimentando dende meses antes. Ao longo de 2017 compoñen os primeiros temas do seu repertorio e empezan a darlles forma coa incorporación de Pablo Salmerón e Alejandro Leiva ao proxecto.
O primeiro single “Tricky Needs” foi publicado en maio (2017), coa colaboración de David Baldo (Estudio Manuela) na produción. O que lles permitiu empezar a tocar en varias salas e festivais, en Madrid e Barcelona.
Malia a súa curta traxectoria, asinan con Subterfuge Records (outubro 2017) e publican o seu primeiro videoclip “What You Get” (novembro 2017) estreado na revista Tentaciones (El País) e resaltado en varios medios (Jenesaispop, Radio 3, WagMag, NoTodo).
MENEO
É desmelene frenético e pop adulterado a mans do músico e produtor guatemalteco Rigo Pex. Prístino e visionario désta nova onda latina que alberga a varios xéneros salpicados por un cachondo electro, MENEO incita ao movemento malicioso con líricas bizarras e ritmos descarados, atentando contra o textil e incitando ao naturalismo en plena pista de baile, que o alonxan do baile edulcorado.
Meneo é o paradigma da fusión, do todo é posible, da mutante mestura, pois díse que a pureza está na mestura! E as súas sesións? Unha concesión de desexos: pensa mal e acertarás.
Chicharrón
E quén veñen sendo Chicharrón?
Medran en Carballo en 2014.
Ese mesmo ano publican o seu primeiro disco, “Chicharrón”, no que o amor doe e tamén é salvación. A banda vai medrando sucesivamente con máis incorporacións (A Alberto, Diego e Rubén, súmanse Mar, Xurxo e Mara).
No 2016 publican “Postal”, un álbum cooperativo, luminoso e cálido. Tocan nalgúns escenarios, pero, seis persoas en Galiza é dificil que permanezan estáticas.
No 2017 publican os sinxelos “Contra acantilados” con clip de Alfonso Zarauza e “Na Cela” cun vídeo asinado por Mar Catarina.
2018: Á sombra dun verán demasiado luminoso, “Cancións clínicas” é unha necesidade íntima.
O terceiro disco da banda créase con distancia, mails e encontros furtivos de Alberto, Mara e Rubén.
Ibán Pérez remóveo todo no seu estudio e o resultado plásmase en once cortes, escritos en salas de espera de hospitais, construídos en viaxes de ida e volta e, tamén, en noites con moito sono.
A semana pasada, o programa Disco Grande (Radio 3) adicoulles o espazo, e o resultado podes escoitalo aquí, onde falaron de mooitas cousas, foi unha entrevista marabillosa!
Lois
Vén de empezar a súa carreira en solitario, pero os oídos máis despertos e incluso os medios internacionais falan moito e ben dél, como “o próximo artista que vai cruzar fronteiras dende a excelente escena DIY de Madrid”.
O selo americano Citrus City editou as súas dúas primeiras cancións en cassette, e Acuarela Discos publicou a súa primeira referencia en vinilo. Este galego afincado en Madrid xirou por festivais como SXSW, Vida Festival, SolarNit ou FIB Benicassim.
Certo é que Lois tén un talento fóra do normal. Entre Bryan Ferry e o C-86, entre The Cure, a Velvet e Sean Nicholas Savage, o seu é único e moi persoal. Un talento extraordinario a descubir dende xa! Ou o que é o mesmo: non volo perdades nésta edición de Arteficial!
Trajano!
Lois Brea (voz e guitarra), Álvaro Naive (baixo) e Carlos Mun (batería), forman a nova confirmación desta edición do Festival Arteficial: Trajano! Que actualmente andan de xira polos Estados Unidos .
Este grupo madrileño disque fan música post-punk, pero en realidade eles fan o que queren, e fano marabillosamente. Joy Division, The Horrors e Parálisis permanente son algúns dos grupos que os inspiran.
Chegaron ao “mundillo” pisando moi forte en 2012 co seu EP autoeditado “Terror en el Planetario”, que foi elixido como segunda mellor demo en Madrid por Mondo Sonoro e quedando semifinalistas no Proxecto Demo 2012 de RTVE. E así, foron de cabeza a moitos escenarios de Madrid e de festivais: Nasti, Joy Slava, Triángulo de Amor de Bizarro ou LOW son algúns artistas cos que compartiron escenario, ademais de estar en festivais como o Veral de Valladolid ou o Sonorama Ribera. Pero hai máis.
Fóronse ata Brooklyn para gravar o seu primeiro disco “Antropología”, en 2013, que sairía en abril de 2014 autoeditado por Maxphone. E isto xa foi un non parar. As boas críticas deste traballo levou a Trajano a escenarios como o do FIB, BBK Live, DCode, Sonorama, Festival do Norte e un longo etcétera.
Comezan a experimentar con novos sons en 2015 co doble single “Ícaro”, creando finalmente en 2018 o seu esperadísimo segundo disco “Lázaro”.
Dreyma
Nesta nova confirmación do #Arteficial traemos a dúas mulleres que fan cousas realmente moi chulas: DREYMA. Tras unha intesísima amizade, moitas horas de ensaios, risas e palique cunha copa de viño na man, nace este dúo de mulleres tan especial.
Cris (guitarra e voz) e Mel (synths, batería eléctrica e voz) unen o seu talento, a súa paixón e as súas ganas de facer cousas novas para experimentar con imaxes, sons e emocións. Así xurde o seu estilo, o dream-core, electrónica, pop e escuridade todo unido dun xeito etéreo e sutil. Unha
pasada, vamos.
Publicaron o seu primeiro EP “Dreyma”, en 2017, co que tiveron unha xira de máis de trinta escenarios.
Agora mesmo veñen de presentar o seu novo traballo “Moonlinght”. Este disco une música, video, ilustración para tentar amosar a beleza e a escuridade que se atopa dentro das emocións das mulleres. Sen dúbida, unha mestura que fará vibrar algo no máis íntimo do teu ser. Como era de agardar, este incrible traballo tiña que ter recoñecementos: premiadas por Radio 3 como Banda Emerxente de Disco Grande (Radio 3) 2017 e como 3º Demoscópicos 2017 de Mondo Sonoro e mellor EP 2018 de Mondo Sonoro.
Isaac Pedrouzo
Con 17 anos entrou de cheo no mundo das “mesas de mezclas” e, fiel a un estilo persoal, segue percorrendo salas e festivais de Galicia e o Estado.
Aínda que a súa casa é o Café & Pop Torgal, pinchou en numerosos locais da súa natal Ourense, pero tamén en grandes eventos musicais como o FAX Festival, o antigo Festival do Norte de Vilagarcía, a Blackbeat weekend de Salamanca e en salas de Pontevedra, Santiago, Vigo e A Coruña. Incluso durante unha tempada estivo no Fotomatón de Madrid.
Actualmente colabora coa Voz de Galicia na súa columna #EstonoesOregón e no 2017 publicou o seu primeiro libro titulado “Todo tiene una historia”. Tamén participou como guionista no programa da TVG Musigalité no 2016.