Noticias de Hoy
istoria 2019
Fecha: 29/08/2019 a 31/08/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Festa da Istoria 2019 de Ribadavia

Festa da Istoria 2019 de Ribadavia.

A "Festa da Istoria" recorda, ano tras ano, a historia da Vila e a súa Bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Recuperar a Festa foi un esforzo da xa desaparecida "Escola Taller de Santo Andrés". A testemuña fué recollida polo pobo, que representado por unha Coordionadora Veciñal a segue representando todos os anos, contando para iso cun gran número de voluntarios.

O esforzo de todo un ano, non só queda representado neste día, senón que durante todo o ano a Coordinadora leva a cabo diversas actividades organizando cursos, talleres artesáns, recuperación de xogos populares, exposicións, etc. posibilitando así o enriquecemento cultural da Bisbarra.

Non cabe dúbida de que a actividade principal é a "Festa da Istoria" e para iso non se escatiman esforzos que se ven recompensados polos distintos recoñecementos a nivel rexional, estatal e internacional (Declarada de Interese Turístico Nacional, Premio Canle da Historia...).


PROGRAMA


Xoves 29 de agosto de 2019

23:00

  • CONCERTO “SON DA ISTORIA”
  • Habelas Hainas
  • Grupo de música folk, na praza da Madalena

Venres 30 de agosto de 2019

10:30

  • X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA
  • Inscrición no Club Artístico de 10:30 a 11:30
  • Polas prazas e rúas d a vila

11:30

  • APERTURA DO MERCADO ARTESANAL
  • No recinto da Alameda
  • Horarios: de 11:30 a 15:00 e de 18:00 a 23:00

11:30

  • APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO
  • Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música
  • No Castelo dos Sarmiento (entrada libre)
  • Horarios: de 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 23:00

11:30

  • V CERTAME INFANTIL E XUVENIL DE PINTURA RÁPIDA
  • Na Praza da San Xoán

12:00

  • PASARRÚAS DOS GRUPOS DE MÚSICA E ANIMACIÓN
  • WYRDAMUR e GAELOC MEDIEVAL
  • No Castelo, Alameda e centro histórico de Ribadavia
  • De 12:00 a 23:00

18:00

  • REAPERTURA DO MERCADO ARTESANAL
  • Na Alameda e rúas do centro histórico

18:00

  • XOGOS PARA NEN@S
  • No recinto da Alameda
  • De 18:00 a 21:30

18:30

  • ANIMACIÓN DE RÚA
  • O NENO LAPIS E GAELOC MEDIEVAL
  • Percorren mercado, rúas e prazas

19:00

  • ENTREGA DE PREMIOS E EXPOSICIÓN
  • X Certame de Pintura Rápida
  • V Certame Infantil e Xuvenil de Pintura Rápida
  • No Club Artístico de Ribadavia

19:30

  • ESGRIMA HISTÓRICA
  • Demostración, obradoiro e combate
  • Sala Viguesa de Esgrima Antiga e Asociación Ourensá de Esgrima Antiga
  • No auditorio do Castelo

20:00

ESPECTÁCULO DE CIRCO

  • Grupo Human no Limits
  • Na Praza Maior

20:30

  • CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL
  • Coro da Istoria e Albaluna Folk
  • Na Igrexa de Santiago

21:00

  • LECTURA DO BANDO DA ISTORIA
  • Percorrido acompañado polos Tabaleiros e Soldados da Vila, dende a Porta da Vila ata a Praza Maior

21:30

  • SBANDIERATORI DE VIGNANELLO
  • Na Praza Maior

22:00

  • BANDA DE GAITAS E PANDEIRETAS DA ISTORIA
  • Na Praza da Madalena

22:30

  • ESPECTÁCULO DE CIRCO AÉREO E LUME
  • Grupo Human No limits
  • Na Alameda

23:00

  • O MALSIN (representación teatral)
  • No Auditorio do Castelo

00:00

  • Concerto “Son da Istoia”
  • Tiruleque
  • Na fachada do Castelo dos Sarmiento

E ao finalizar: ESPECTÁCULO DE LUME E PIROTECNIA. Josman. Na fachada do Castelo dos Sarmiento

01:30

  • ESPECTÁCULO “A LUZ DA LÚA”
  • Grupo Especialistas Hípica Celta
  • Na Praza Maior

Sábado 31 de agosto de 2019

10:30

  • APERTURA DO MERCADO MEDIEVAL
  • Na alameda e nas prazas e rúas do centro histórico
  • Horario: de 10:30 a 23:00

10:30

  • APERTURA DO BANCO DA ALHÓNDIGA

11:00

  • GRAN DESFILE DA ISTORIA
  • Desde a rúa Baixada ao Consello ata a fachada do Castelo

11:45

  • LECTURA DO PREGÓN E NOMENAMENTO DE NOTABLES DA ISTORIA
  • Na fachada do Castelo

12:00

  • APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO DOS SARMIENTO
  • Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época, tiro con arco e grupos de música
  • No Castelo dos Sarmiento (só persoas vestidas de época ata as 19:00)
  • Peche ás 22:00

12:00

  • CAMPAMENTO DE MERCENARIOS
  • Oficios de demostración, exhibición de armamento e armaduras e moito máis
  • Grupo Gastrafetes
  • No Castelo dos Sarmiento
  • Horario: de 12:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30

12:00

  • SBANDIERATORI DE VIGNANELLO
  • Na Praza Maior

12:30

  • BAILE MEDIEVAL
  • Donas sen cabaleiros da Istoria
  • Na Praza Maior

13:00

  • LOITA DE CABALEIROS
  • Especialistas Hípica Celta no Auditorio do Castelo

13:30

  • XADREZ VIVENTE
  • No Auditorio do Castelo (entrada libre)

13:30

  • SAÍDA DA COMITIVA NUPCIAL DA VODA XUDÍA
  • Dende o patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia ata a Oliveira

14:00

  • VODA XUDÍA
  • Recreación cerimonial baseada nos ritos e costumes sefardís
  • Na Oliviera (só persoas vestidas de época)

14:00

  • MÚSICA TRADICIONAL
  • Banda de Gaitas do Irixo, na praza Maior
  • Grupo de Gaitas Cans de Palleiro de Bembrive, por rúas e prazas
  • Grupo de música tradicional Os Serandeiros, por rúas e prazas

14:30

  • CETRARÍA
  • Exhibición na Praza Maior

14:30

  • XANTAR MEDIEVAL
  • Na Madalena (reserva previa e só persoas vestidas de época)

15:00

  • ESPECTÁCULO DE CIRCO
  • Grupo Human No Limits
  • Na rúa Progreso

15:30

  • PASARRÚAS DOS GRUPOS DE MÚSICA E ANIMACIÓN
  • Gaeloc Medieval da Coruña
  • Wyrdamur de Murcia
  • Albaluna de Portugal
  • Polas rúas e prazas de Ribadavia, durante todo o día

16:00

  • III CERTAME DE VESTIMENTA MEDIEVAL
  • No Castelo (inscrición no punto de información ata as 15:30)

16:30

  • TABALEIROS DA ISTORIA
  • Polas prazas e rúas durante toda a xornada

17:00

  • PERSONAXES FANTÁSTICOS
  • Acompañados de músicos, percorrerán o mercado

17:30

  • O MERCENARIO MEDIEVAL
  • Grupo Gastrafetes
  • Mostraranse as roupaxes que utilizaban estes soldados
  • No Castelo dos Sarmiento

18:00

  • ANIMACIÓN DE RÚA  “A LEI DO MEDIEVO”
  • Grupo Gastrafetes
  • Na Praza Maior. Remate ás 18:30 no AudItorio do Castelo

18:30

  • CARREIRA DE PIPOTES
  • Saída da rúa Progreso e chegada na fachada do Castelo

19:00

  • ANIMACIÓN DE RÚA
  • O Neno Lapis
  • Na Alameda

19:30

  • CETRARÍA
  • Halconeros de Castilla
  • Exhibición na Veronza

20:00

  • GRAN TORNEO MEDIEVAL
  • Grupo de especialistas Hípica Celta
  • Na Veronza

20:30

  • PASARRÚAS “PERSONAXES FANTÁSTICOS”
  • Percorren as rúas e prazas da vila

21:30

  • BAILE MEDIEVAL E MÚSICA
  • Donas sen cabaleiros da Istoria
  • No Auditorio do Castelo

E o finalizar: ESPECTÁCULO SBANDIERATORI DE VIGNANELLO

22:00

  • PECHE DO BANCO DA ALHÓNDIGA

23:00

  • ESPECTÁCULO DE CIRCO, PIROTECNIA E LUME
  • Grupo Human no Limits
  • Na fachada do Castelo

23:30

  • CONCERTO “SON DA ISTORIA”
  • Pepe Vaamonde Group
  • Praza San Martiño