Noticias de Hoy
Festa 80 Aniversario de Mick Jagger
Fecha: 24/05/2014

Festa 80 Aniversario de Mick Jagger

Festa 80 Aniversario de Mick Jagger + SORTEO de Entradas.

Con motivo desta data tan especial, este VENRES 23 DE MAIO en EL PUEBLO temos unha festa radical na que sorteamos unha entrada dobre para esa cousa que hai que facer unha vez na vida: ver ós Rolling Stones en directo. Neste caso, ademais, en Lisboa, capital dese país no que as cañas valen 1 euro como moito. A ENTRADA Á FESTA É GRATIS, e para o outro só tes que pasarte por aquí e mercar unha RIFA (tamén na propia noite).

www.rockinriolisboa.sapo.pt

Non é exactamente verdade o de que é o 80 aniversario de Mick Jagger, pero case. Os Rolling Stones levan aí toda a vida, pasando de ser revivalistas antes de que o revival existira a ser un dos provocadores fundamentais de que exista revival hoxe e así sucesivamente. Facendo o mellor rock and roll e o ridículo indistintamente, sendo vangarda cultural e sendo puros carcas conservadores. Podes discutir o que queiras, que logo sona Gimme Shelter e da todo igual. A consecuencia básica: vale todo! Poden pasar cousas excitantes!

Hai mellor premisa que esa para unha festa? Non! Vale todo! E como vale todo pois no Café Cultural El Pueblo imos celebrar un cumpreanos imaxinario: como é imaxinario non hai que levar regalos, solo beber e/ou bailar.

Para iso contaremos cunha pinchada especial de DJ MOQUETA adicada ós Stones, ás súas influencias e ó que levaron a que existira despois, sobre todo o que sexa bailable. EMPEZAMOS ÁS 22 HORAS!