Exposición Piernetas en Ourense
Exposición do pintor e arquitecto cordobés Antonio Mariscal (Maec).
A mostra forma parte dunha serie inspirada no xesto coñecido popularmente como “peineta” e que ten a súa orixe nun debuxo erótico realizado hai anos polo autor, no que a perna da muller suxeríulle unha “peineta” e ao incorporarlle o ollo, “pareceu cobrar vida”.
Maec sinala que con esta exposición tenta “facer reflexionar sobre as paixóns humanas, esas que arruínan o mundo, como a envexa, a cobiza ou a hipocrisía, entre outras”. O artista emprega na exposición materiais pouco habituais como cartón, papel craft ou porexpan, aos que tenta darlles un valor artístico.