Noticias de Hoy
Fecha: 06/06/2014 a 15/06/2014
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición IBEREX 2014

La exposición IBEREX 2014 se celebrará en el Auditorio Municipal- Palacio de Congresos de Ourense del 6 al 15 de junio de 2014.

As IBEREX son mostras filatélicas competitivas galaico-portuguesas, sen fins lucrativos, que se veñen  organizando e realizando en estreita colaboración da “Federación Galega de Sociedades Filatélicas” (FEGASOFI) coa “Uniao de Colectividades Filatélicas do Norte de Portugal” (UFINOR), facendo realidade o contido do protocolo cultural de amizade e colaboración filatélica, en igualdade de condicións,  establecido cos irmáns portugueses  asinado en  Barcelos o 3 de maio de 1986, reafirmado en 1995 en Santo Tirso, e redactado e asinado un novo Protocolo o 16 de novembro de 2008 en Cangas do Morrazo, con motivo da XXVI Exposición Filatélica da Federación Galega “EXFIGALICIA 2008” entre galegos e portugueses

Froito deste protocolo, véñense celebrando cada dous anos,  nos dous lados da fronteira, en Galicia e Portugal as mostras filatélicas IBEREX, nas cales participan expositores de toda Galicia e Portugal, estreitando uns lazos culturais dignos de ser destacados e merecentes de acadar o maior apoio, ante os éxitos  acadados na defensa e difusión da nosa cultura galega e portuguesa, gañando asemade, un destacado historial ao traveso do tempo.