Noticias de Hoy
hortus conclusus
Localidad: Ourense
Fecha: 08/03/2018 a 08/05/2018

Exposición Hortus Conclusus en Ourense

Exposición Hortus Conclusus en Ourense

A construción da paisaxe e a súa (de)construción sitúanse como os dous movementos telúricos que fan da obra de Christian Villamide unha reelaboración desa paisaxe como un reactivo natural. Un choque de forzas no que, se a arte enfrontouse nun gran número de veces á paisaxe como escenario, o noso protagonista tenta mudar ese ámbito adentrándose nel e plantexando unha nova interpretación de si mesmo.
A capacidade de análise formal de Christian Villamide non deixa de sorprender exposición tras exposición polos plantexamentos visuais que acada coa súa nova configuración da realidade, das nosas xeografías convertidas en novas paisaxes que emerxen desa síntese meditada e precisa que ben, traballando no propio medio natural, ou levando ata a sala de exposicións os seus proxectos, artéllanse como un estudo da tensión que emerxe da propia natureza e do seu constante proceso de cambio, así como da relación co ser humano.
Un estado natural de muda, de transformación permanente, no que o artista pousa a súa mirada para, dende a pintura, a escultura, a fotografía ou a instalación, propiciar unha paisaxe artística 'per se', na que a experiencia vivida no exterior reinterprétase baixo un novo soporte que modifica a forma mentres que no fondo segue movéndose nese espazo de liberdade creativa da propia natureza. Unha achega analítica que se desenvolve a través de diferentes series que esculcan por esa fenda que só o creador é quen de recoñecer como o punto de ignición dunha nova proposta. Dende aí créase o novo relato, o do artista que se pregunta, alguén que precisa de respostas que só a materialización dunha nova realidade pódelle ofrecer.
A arte como resposta, pero tamén como pegada para o resto de nós que asistimos a unha contemplación dunha nova paisaxe, ora modificada ora contra a parede, os materiais reciclados do propio medio natural ou os que dende o artístico emprega o creador, constitúense como os enunciados da nova proposta que nos converte en parte desa poética da creba onde a percepción dislócase e sedúcenos xa, convertida en experiencia artística, pola súa condensación e capacidade para provocar emocións e reflexións.
Non é a mirada de Christian Villamide unha mirada contemplativa, é unha mirada de acción, de intervención na realidade cara a composición dunha nova percepción daquilo que nos rodea. Nesa procura móvese o noso protagonista tamén para que sexamos quen de solidarizarnos con esa contorna tantas veces desprezada dende o noso comportamento.

 

CHRISTIANVILLAMIDE.1 630x600

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635