Exposición Falando en Prata en Ourense
"Falando en prata" comezou o seu percorrido dentro do "Outono Fotográfico" como colaboración anual do Ateneo de Ourense. Trátase dunha escolma de traballos feitos por fotógrafos de todo o estado.
A única característica en común de todas ás obras é o feito de estar realizadas con métodos tradicionais ou históricos, positivadas por calquera medio que produza como resultado final unha fotografía realizada en calquera soporte fotosensible e excluíndo taxativamente todas aqueles realizadas con medios dixitais.
A exposición comisariada por Pablo González Prieto, Vicepresidene do Ateneo de Ourense, estará na Galería Photo Art.