Exposición: Extramuros da Asociación O POTIÑOS en Ourense
Borde, centro, eixe, periferia… Realidade crúa, soño, camiño de luz e de sombras… Composición, idea, concepto, arte, protesta, pensamento sentado na curva, o importante na esquina, escorado e mudo… Conflicto, burato e ausencia… Abandono, contraste, silencio… xente sen rostro, sen voz, sen mirada… as enrugas da vida marcadas na cara e na man unha bolsa de plástico… Persoas que non miran porque a vida lles manca na alma, e outras que ás veces miran para berrar pedindo pan ou xustiza… Teñen debaixo dos pés un camiño estreito e duro, borroso, destartelado e triste… para percorrer coa maleta rota e valeira… E arredor sempre bailando no aire unha raia negra, un burato, un non sei, un saco de medos…