Noticias de Hoy
NOSAMUSICA_online 2014
Fecha: 17/05/2014 a 30/05/2014
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición EnREDadas - Nosa Música

No marco da programación organizada pola Concellería de Cultura de Ourense con motivo da capitalidade cultural este ano no Eixo Atlántico, o sábado, día 17 de maio, abrirase ao público no Liceo a exposición titulada: Nosa Música, unha mostra comisariada por Diana Martínez que ten como obxectivo conxugar arte, música, lingua e historia coa música galego-portuguesa como eixo central. Será a partir das 19.00 horas.

Nesta liña, os traballos que se expoñen son de alumnos (dende 5 anos en adiante de varios centros como Concepción Arenal, IES María Soliño de Cangas,CPI Tomás de Lemos, Ribadavía, do CPI de Mende ), de docentes e de artistas de varios lugares: Logroño, Madrid, Valencia, Pontevedra, León, Salamanca, Portugal, Brasil, etc.

O formato de todos os traballos é A5, e as técnicas van dende acuarelas, a debuxos ou collage. Decidiuse este formato para que a sala onde se van a amosar puidese albergar o maior número posible de aportacións.

Entre as obras figuran interpretacións abstractas de cantigas, representacións de gaitas, ilustracións de bailes rexionáis ou imaxes acompañadas por textos e incluso hashtags de twitter.

A exposición fisica levase a cabo no Claustro do Liceo dos días 17 ao 30 de maio, e a exposión virtual atópase en Pinterest. http://www.pinterest.com/solopiensoenart/nosa-música-exposición-enredada-ourense

A mostra forma parte do proxecto Exposicións EnREDadas da Universidade Autónoma de Madrid conmemorando a Terceira Semana de Educación Artística pola Unesco.