Estacións en contos con Celtia Figueiras en Ourense
O vindeiro xoves 21 de decembro de 18:00h a 18:45h a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín pon en marcha o programa “Estacións en contos” coa presenza de Celtia Figueiras quen levará a cabo a actividade de Inverno coa cal pecha o ciclo que iniciamos con ela no mes de abril, mediante catro contacontos distribuídos ao longo do ano con estéticas e dinámicas diferentes dependendo da estación.
A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal. Inscrición obrigatoria a partir do luns 18 de decembro