Noticias de Hoy
5ºCD
Fecha: 02/05/2014

Emilio Rúa

Unha voz fantástica e cancións cheas de sentimento danlle un estilo persoal moi característico, que tan axiña che fai asomar una bágoa como che fai unirte á festa e aplaudir con entusiasmo.

Actualmente está de promoción co seu 5º disco, “Destino Sur” (producido por Emilio Rúa e Segundo Grandío), traballo no que o son camiña cara o folk americano co que Emilio atopa ligazóns coa música galega. Hai cancións propias e versións de temas como "La chica de Ayer" de Antonio Vega (A Moza de onte) ou "Somewhere over the Rainbow" do filme El Mago de Oz.