Exposición fotográfica que pretende achegar os valores e as motivacións que envolven ao alpinismo documentando a última expedición de tres escaladores ourensáns ao parque nacional de Ecrins de, nos Alpes franceses.
Donde la montaña nos hace libres é unha exposición fotográfica e audiovisual na que se amosa unha historia de alpinismo e escalada no macizo francés de Ecrins, desenvolta por 3 alpinistas ourensáns durante o verán de 2013: Ernesto Fernández, Alfonso González e Víctor Barro.
Pero esta non é máis que unha historia de montaña e de amigos no escenario prestado dos grande Alpes un verán como calquera outro. Móvenos as ganas de dicir que a montaña vale a pena, que a amizade, o compañeirismo, o compromiso e o risco son valores que nos gusta compartir neste lugar, aquí onde a montaña responde as nosas necesidades de ser felices.
Unha experiencia que plantexa as preguntas de sempre: Porque eliximos o frío e a fame? Porqué soportar o cansancio até a extenuación? Porqué poñernos en perigo? Porqué subir até alí arriba? Somos soamente coleccionistas de cimas? Ou hai algo máis. Porqué asumir os riscos e pendurarse dun fío no baleiro? Qué hai nas crestas e nos cumios onde procuramos o límite? Porqué voltar para contalo?
A resposta, ou polo menos a nosa, é que non conquistamos as montañas senón a nos mesmos.