O Ateneo de Ourense ten organizado para o vindeiro mércores, día 9 de xuño de 2021, ás 20 horas unha conferencia "Olladas estatísticas" a cargo da profesora Rosa Mª Crujeiras Casais.
Presenta: María Elena Vázquez Cendón, profesora titular do Departamento de Matemática Aplicada. Decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Rosa M. Crujeiras Casais é profesora da Área de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa investigación no deseño de métodos estatísticos non paramétricos con aplicación a distintos ámbitos como as Ciencias da Vida e a Lingüística.
Dende xaneiro de 2019 é coordinadora do Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela.
Falaranos dunha sociedade “datificada”, cada vez resultan máis necesarias as ferramentas que nos permitan converter datos en información, que axuden á toma de decisións, e aquí é onde cobra un protagonismo esencial a Estatística. Nesta conferencia achegaremos á audiencia algúns exemplos do que a Estatística pode facer por nos, en ámbitos tan diferentes como o medio ambiente, a lingüística ou, como non, a COVID-19.
Debido ás restricións sanitarias a entrada será libre ata completar o aforo de cincuenta persoas. Para asistir é obrigatorio cumprir co protocolo establecido polas normas sanitarias.