Noticias de Hoy
ateneo ourense D
Localidad: Ourense
Fecha: 23/11/2017 a 25/11/2017

Conferencia, asamblea, curso y visita cultural do Ateneo en Ourense

Conferencia, asamblea, curso y visita cultural do Ateneo en Ourense

Día 23, xoves, ás 19h45: Charla: "Non a violencia machista" por Yerma Gónzález e Victoria Dieguez.

Organiza: Falando NOS. (Xuntamos cartaz).

Día 24, venres, ás 20h00 : Asemblea da Asociación Santa Mariña.

Dia, 24, venres, ás 19h30 : Canto e instrumentos tradicionais.

Día 25, sábado, as 8h30: *"VISITA A EXPOSICIÓN FALANDO EN PRATA NA CORUÑA". *

Con motivo da exposición *Falando en Prata, que *dentro do Outono Fotográfico o Ateneo de Ourense ten na Casa Museo Casares Quiroga da cidade de A Coruña, (Rúa Panaderas nº12), o Ateneo de Ourense organiza unha excursión á cidade de A Coruña co seguinte programa:
Hora e lugar de saída: 8:30 horas da Alameda.
11:00 horas: Casa Museo Casares Quiroga, onde podemos ver:
- Exposición de fotografías Falando en Prata comisariada por Pablo González Prieto, Vicepresidente do Ateneo de Ourense.
- Visita guiada ás exposicións permanentes da Casa Museo Casares Quiroga: María Casares e Casares Quiroga, II República e Familia Casares Quiroga.
- Percorrido guiado polo casco histórico da cidade vella de A Coruña con entrada á Casa Museo María Pita, rematando arredor das 13:15 horas.
Estas visitas guiadas son grazas á Coordinadora das Casas Museo do Excmo. Concello de A Coruña dona María Beatriz Doldan Theodosio.
Tempo libre ata ás,
15:30 horas en que nos encontraremos na Torre de Hércules para unha visita guiada ao faro romano.
Ao remate desta visita iremos ver o Castelo de San Antón do século XVI que alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.
Se aínda quedase tempo poderiamos ir ver a exposición de Lita Cabellut no MAC.

Ourense. 17 02 16. Local. Asamblea Ateneo.Foto: Xesús Fariñas