Noticias de Hoy
Localidad: Ourense
Fecha: 16/03/2018
Horario: 21:30

Concierto Víctor Aneiros en Ourense

Concierto Víctor Aneiros en Ourense

Considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego, inicia a súa carreira en solitario en 1999, formando Víctor Aneiros & Blue Notes e editando “Que el blues te acompañe”.

En 2003 forma Víctor Aneiros Band e edita “Live in Montreux”, actuación que recolle un dos dous concertos que o grupo ofreceu neste Festival. Tan só un ano despois viu a luz o “Blues do amencer”, no que por primeira vez a lingua galega é a única encargada de combinar coas melancólicas melodías bluseras.

No outono de 2017 nace “Un extraño entre la multitud”, producido coa colaboración de Segundo Grandío. Con este álbum Víctor Aneiros renóvase volvéndose moito máis roquero cunha selección de temas cantados, esta vez en castelán. Aneiros reflexiona sobre o paso do tempo ao seu redor e móstrase crítico cos problemas da sociedade actual, aínda servíndose dun desenfadado ton irónico.

A súa traxectoria levoulle a subirse a escenarios de numerosos festivais. No panorama nacional destaca a súa participación en programas como o do Festival de Blues de Antequera (2000), o de Ritmo e Blues de Aragón (2001), no Festival de Blues de Cerdanyola, no que participou tanto en 2001 como en 2008, no de Reus (2002), no de Elorrio (2003), no de Getxo, onde formou parte do cartel tanto en 2004 como en 2014, no de Ourense en 2005 e no de Torreperogil (2006). Máis recentemente en 2013 participou no Festival de Jazz de San Javier (Murcia) e no de Jazz&Blues de Ribadeo un ano máis tarde.

A nivel internacional, ademais do seu xa mencionada participación no Festival de Jazz de Montreaux, en Suíza no ano 2002. destaca a súa presenza nos escenarios portugueses, pois formou parte do programa tanto no Festival de Blues de Sta. María de Azores (2005), como no de Seia e no de Douro Blues de Gaia, ambos no ano 2007.