Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 02/06/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Concierto UKP en Ribadavia

Concierto UKP en Ribadavia

Artistas latinoamericanos, portugueses, galegos e nacionais daranse cita o vindeiro 2 de xuño en Ribadavia, na terceira edición deste atípico festival, concibido como unha romaría para tódolos públicos, que logra xuntar nun só día diversas actividades que apostan pola difusión das novas tendencias contemporáneas e o fomento da creatividade dos máis pequenos.

O gran protagonista da xornada é o ukelele, un instrumento que colleu fama en Hawai pero que ten a súa orixe no cavaquinho portugués, de aí que a presenza de artistas do país veciño sexa unha constante dentro do programa de concertos e actividades. Este ano, o dúo portugués L’Mantra completarán un cartel no que destaca tamén a presenza da artista latinoamericana Yoyo Borobia ou as actuacións dos galegos Os Amigos dos Músicos e Os Novos.

Ademais dos concertos exclusivos con ukelele, ese día tamén se levan a cabo outras actividades complementarias como exposicións, obradoiros infantís, intervencións artísticas, charlas, mercado creativo e postos de gastronomía. 

O Ukp Day celebrase en horario diúrno de 12:00h a 22:00h. A entrada é de balde.